TRIVIAL MUSICAL - Concerto 25 de xaneiro 2018

 
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 25 de Xaneiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com..
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 22 de Xaneiro (ata as 10:00 horas)
 
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: a qué familia instrumental pertence o violín?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: para qué formación está composta a “Noche transfigurada”?
a.       Sexteto de cordas
b.      Orquestra sinfónica
c.       Concerto para piano
¡¡¡Moita sorte!!!
 Xaneiro                                                                                                 
Data: xoves 25 de xaneiro, a las 20.30 horas
 Sala: Auditorio de Ferrol

 

 
ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

Klaus Mäkela, director

Javier Perianes, violín

Schumann: Obertura, scherzo e finale

Bartók: Concerto para piano nº 3
 
Schoenberg: Noche transfigurada

 

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS