TRIVIAL MUSICAL - Concerto 29 de novembro



 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro mércores 29 de novembro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.

 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com

 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro xoves 23 de novembro (ata as 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:
Cantas cordas ten un violoncello?

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL:
Saberías decir cal é a diferencia entre "ópera" e "zarzuela"?
¡¡¡Moita sorte!!!
 Novembro                                                                                                  
Data: mércores 29 de novembro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre



 
 Recital de ópera e zarzuela

Barítono: Borja Quiza
Piano: Fernando L. Briones

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS