Páginas vistas en total

sábado, 16 de diciembre de 2017

DIARIO DE FERROL: MOSTRA DE CORAIS

 
Fonte: Diario de Ferrol: "Un momento de la Mostra de Corais, ayer en el Auditorio ferrolano" D. Alexandre.
 
Subimos enlace á noticia da Mostra de Corais do pasado día 13 de decembro e na que particiou "O Peque Coro" do Conservatorio.
 
"Niños y adultos comparten su pasión por la música coral en una cita intergeneracional"
 

viernes, 15 de diciembre de 2017

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: vindeiros concertos


 Precios das localidades:

 Teatro Jofre: butacas e 1º andar 15,00€
 Andares 2º e 3º 12,00€
 Nenos ata 16 anos 7,00€

 Auditorio de Ferrol: 15,00€
nenos ata 7 anos 7,00€


 Lembrade que podedes facervos socios da Sociedade:
Teatro Jofre e Auditorio
Suscripción trimestral 20'00€
Suplemento por concerto 4,00€

www.filarmonicaferrolana.es
filarmonicaferrolana@yahoo.es



PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS


Xa están disponibles para a súa consulta en sala os últimos números das siguientes publicacións periódicas:
 
más JAZZ
Aula de Secundaria
Eufonía
 

miércoles, 13 de diciembre de 2017

TRIVIAL MUSICAL - Concerto 8 de xaneiro


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro luns 8 de xaneiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro mércores 20 de decembro (ata as 10:00 horas).


PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: Define “ligadura de unión”

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Comenta moi brevemente o que é unha sinfonia.
 
¡¡¡Moita sorte!!!
 Xaneiro                                                                                                 
Data: luns 8 de xaneiro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

 
 
Orquestra Joven de Galicia
Director: Krzysztof Penderecki,
Violín: Saraya Shöji
Programa:
Penderecki: Concerto para violín e orquestra nº 2,
 “Metamorphosen”
Dvorák: Sinfonía nº 7

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

martes, 12 de diciembre de 2017

ASOCIACIÓN "O PEQUE CORO": video

Animádevos, aínda estamos a tempo de mercar una participación.
Son a 1€ e irá íntegramente á Asociación.
Grazas a GADIS pola súa colaboración
 

ASOCIACIÓN "O PEQUE CORO": CESTA DE NAVIDAD



Mirade que bonito está o vestíbulo do conservatorio grazas á Asocación Recretativa "O Peque Coro".

 E este curso tamén contan co sorteo dunha cesta de Navidad cortesía de GADIS. As participacións son a 1€ que irá íntegramente para a Asociación.

Así que o vindeiro venres ás 19:00 no Auditorio do Conservatorio terá lugar o sorteo
Moita sorte!!!












miércoles, 29 de noviembre de 2017

NOVIDADES: LINGUAXE MUSICAL


Xa están disponibles para os usuarios os fondos seguintes:
Cuadernos de teoría    (L.T 51 *R6015 e  L.L 117*R6016 )

Podedes ver a súa disponibilidade na OPAC

lunes, 27 de noviembre de 2017

CONVOCATORIA "BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS" 2017-18

Fonte: edu.xunta.es


 Eres alumno/a do Conservatorio e gustaríache colaborar na biblioteca?
 
Se estás interesado/a ou queres informate do programa podes mandar un correo a: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com cos teus datos para poder poñernos en contacto contigo. Non esquezas poner no asunto "Bibliotecas Solidarias"
Tamén podes falar directamente ca coordinadora (Águeda).


Prazo para apuntarnos no programa: antes do 21 de decembro.
 
 
Abaixo enlazamos ca súa publicación na páxina de educación da Xunta:
Convocatoria do programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2017_18
 

sábado, 25 de noviembre de 2017

PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS: AULAS LIBRES



             Xa está disponible para consulta en sala o último número de Aula Libre (P.P AUL9) 




TRIVIAL MUSICAL - Concerto 14 de decembro


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 14 de decembro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 11 de decembro (ata as 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:
 Define brevemente "O Peque Coro do Xan Viaño" :)

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL:
Cantas sinfonías compuso Schubert?
¡¡¡Moita sorte!!!
 Decembro                                                                                                 
Data: xoves 14 de decembro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Sinfónica de Galicia
Director: Dima Slobodeniuk
Piano: Varvara Nepomnyashchaya
Programa:
Sibelius (1865 - 1957 ): A filla de Pohjola
Schubert (1797 - 1828): Sinfonía número 5
Chaikovski (1840 - 1893) : Sinfonía número 4

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

miércoles, 22 de noviembre de 2017

ASOCIACIÓN O PEQUE CORO: 22 NOVEMBRO

  Desde hoxe ata o venres a Asociación Recreativa "O Peque Coro" porá palomitas de millo sen gluten para todos... :)
O conservatorio recende rico






 
Durante este días poderedes consultar el memorándum do curso pasado da Asociación.
   
 


martes, 21 de noviembre de 2017

22 DE NOVEMBRO: DÍA DOS MÚSICOS

 
Vístedes o que fixo a Asociación Recreativa "O Peque Coro" no vestíbulo do Conser para conmemorar o noso día?
Pois xa veredes o que nos ten preparado!
 
Galería de imaxes:
 

 


viernes, 17 de noviembre de 2017

ASESORÍA: Cómo identificar noticias falsas - IFLA

 
 
Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia falaron a comezos de curso de cómo identificar noticias falsas. Desde aquí facémonos eco da interesante entrada que copiamos a continuación.
 Para ler máis, ir á fonte :)
 
"A IFLA (International Federation of Library Associations and Institutions) publicou hai un tempo esta infografía na que se lembran algúns aspectos a ter en conta á hora de valorar a información e a fiabilidade das noticias: How To Spot Sake News
Traducida ao galego, lembrámola nestes comezos de curso como unha ferramenta para a imprescindible alfabetización en información, na que podemos ir introducindo ao alumnado desde ben pequenos, e aproveitando o interese polos temas que xorden no medio ou no transcurso das investigacións que realicen nas diferentes fases dos seus traballos.  (Agradecemos a Manuel Iglesias Fernández a tradución ao noso idioma)."
 
Saúdos desde a Biblioteca

miércoles, 15 de noviembre de 2017

SERVIZOS: 16 DE NOVEMBRO



O xoves 16 de novembro a biblioteca permanecerá pechada
entre as 19:00 e as 20:00.

Disculpade as molestias

lunes, 13 de noviembre de 2017

domingo, 12 de noviembre de 2017

NOVIDADES EN CONXUNTO-CÁMARA, ORQUESTRA, BANDA E CORO


Grazas ás doazóns de AGADIC temos novas incorporacións ao fondo:

"Galicia danzas meigas", Rogelio Groba
"O camiño de Santiago", Henrique Saavedra
 "Inés e Bianca", Marcial de Adalid
 "Villancicos de nadal e Reis", José Baguedano
"Villancico extrafino", Juan Pérez
"Granada", Andrés Gaos
 "Sinfonía nº 1", Andrés Gaos
"Iacobum celebret", Ramón Palacio
"Suite introspectiva", Juan José Castro
"Benigne Fac Domino", Ramón Palacio
"Secuencias", Eligio Vila
"Misa solemne", Melchor López
"Iubilate deo", Melchor López
"Suite o xeito antigo", Andrés Gaos
"Chananea", Joám Trillo
"Adeus a Villa-Lobos", Juan José Castro
"De terra galega", Juan José Castro
"Concerto Grosso", Buono Chiodi
"Sede de Beleza", Joám Trillo
"Concerto para saxofón e 7 instrumentos", Xavier Mariño
Rehabilitación", Gloria Rodríguez
"Inquedanzas", Pablo Beltrán
"Sinfonietta en Fa", Fernando Alonso
"Celtia", Enrique Arroitajauregui
"Lugo-Ferrol", Gregorio Baudot
"Suite Vigo", Reveriano Soutullo
"Hermance", Reveriano Soutullo
"Non chores, Sabeliña", Gustavo Freire
"A noite do santo Cristo", Higinio Cambeses
"Pequena Rapsodia Galega", Víctor Ureña
"A mi pueblo Ponteareas", Reveriano Soutullo


 Coma sempre, xa sabes que podes consultar a súa disponibilidade na OPAC

Saúdos desde a biblioteca

sábado, 11 de noviembre de 2017

viernes, 10 de noviembre de 2017

TRIVIAL MUSICAL - Concerto 29 de novembro



 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro mércores 29 de novembro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.

 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com

 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro xoves 23 de novembro (ata as 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:
Cantas cordas ten un violoncello?

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL:
Saberías decir cal é a diferencia entre "ópera" e "zarzuela"?
¡¡¡Moita sorte!!!
 Novembro                                                                                                  
Data: mércores 29 de novembro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre



 
 Recital de ópera e zarzuela

Barítono: Borja Quiza
Piano: Fernando L. Briones

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

martes, 7 de noviembre de 2017

NOVIDADES: oboe e piano









Algunhas das novidades en óboe e piano
C. Franck, "Piève V"
W.A. Mozart, "Sonate after the Quartet for Oboe & Strings K370"
W. Ferling, "48 étudies Op. 31 pour hautbois ou saxophone"
Corelli-Barbirolli, "Concerto for oboe and strings" (óboe and piano)
Besozzi, "Sonata in C for oboe and piano"
G. Grovlez, "Sarabande et allegro"

 Coma sempre, xa sabes que podes consultar a súa disponibilidade na OPAC

lunes, 6 de noviembre de 2017

NOVIDADES PARA CORDA FROTADA


Andrés Gaos,"Obras para violín e piano"
Andrés Gaos, "Obras para violoncelo e piano"
Andrés Gaos, "Sonata para violín e piano"
Andrés Gaos, "Fantasía para violino e orquestra"
 Berta Volmer, "Bratschenschule"
Manuel Quiroga, "Concerto en estilo antigo"
Václav Pichl, "Konzert D-Dur" para contrabajo

 
Podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC

sábado, 4 de noviembre de 2017

NOVIDADES: Marcial de Adalid


"Inés e Bianca", Drama lírico en 4 actos de Marcial de Adalid coa súa redución para canto e piano (C.O 13, *R5919 e C.P. 77, *R 5914)
 
Podedes ver a súa disponibilidade na OPAC

jueves, 2 de noviembre de 2017

VISITAS Á BIBLIOTECA

 Foto: grupo 1º A
 
 A pasada semana todos os alumnos de 1º de Grao Elemental realizaron unha visita guiada á biblioteca. Parece que lles gustou moito e xa coñecen mellor a súa biblioteca:
- os servizos que temos
- a localización dos diferentes fondos
- a interpretación das etiquetas (sinalización e signaturas)
e tamén se lles fixo entrega do seu carné!
 
Para ilustrar a entrada, inspirámonos na foto das Xornadas de Biblioteca deste curso: aquí temos todas as mans dun dos grupos de 1º e da súa profesora Catuxa sobre partituras...
 
Saúdos da vosa biblioteca

NOVIDADES PARA PIANO



Grazas á doazón de AGADIC temos novidades no fondo:

"Hispánicas" de Andrés Gaos
"Inés e Bianca", de Marcial de Adalid en reducción para piano
"Meditacións sobre un bemol" de José Luis Pedrosa
 "Miniaturas" de Andrés Gaos (Suite ao xeito antigo) en versión para piano
"Obras para piano (1)", de Juan Montes Capón )
"Preludios galegos" de Isidro Maiztegui
"Sinfonía nº 1", Andrés Gaos e a súa reducción para piano
"Sonata para piano" de Carlos Cambeiro
 "Sonatas para piano" , Haydn (éste é o único fondo que non ven de AGADIC)

Podedes ver a súa disponibilidade na OPAC

miércoles, 1 de noviembre de 2017

NOVIDADES


  Berta Volmer, "Bratschenschule" (doazón de Gabriel Alonso) (VA.M 3(2), *R5828)
Taffanel & Gaubert, "Méthode Complète" (FR.M 23, *R553)
 Haydn, "Sonatas para piano" (PI.S(H) 9, *R469)
Václav Pichl, "Konzert D-Dur" para contrabajo (CB.P 12, *R5829)


Podedes ver a súa disponibilidade na OPAC

SAMAÍN

Fonte: El club de los libros perdidos