TRIVIAL MUSICAL. Concerto 28 de abril


Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 28 de Abril. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.

 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.

 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as

 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 25 de Abril (ata as 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿de qué instrumento trátase?


PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿qué nacionalidade tiña Grieg?

¡¡¡Moita sorte!!!
 Abril                                                                                             
Data: xoves 28 de abril, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol



ORQUESTA SINFONICA DE GALICIA

 Víctor Pablo Pérez, director

Alice Sara Ott, solista

Programa:

J. M. Ruiz (1968-  ): Balcánicas

E. Grieg (1843-1907): Concierto para piano en la menor

D. Shostakovich (1906-75): Sinfonía nº 1 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS