TRIVIAL MUSICAL. Concerto 28 de marzo


Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro luns 28 de marzo. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro mércores 16 de marzo (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿de qué instrumento se trata?
 
 

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: El concierto de flauta de Nielsen ¿dentro de que estilo se encadra?

¡¡¡Moita sorte!!!

 Marzo                                                                                                     

Data: luns 28  de marzo, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

ORQUESTA JOVEN DE LA OSG
Alberto Zedda, director
Silvia Rozas, solista
Programa:
J. Brahms (1833-97). Obertura Trágica en re menor Op. 81
C. Nielsen (1865-1931). Concierto para flauta
A. Bruckner (1824-96). Sinfonía nº 1 en Do menor

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS