24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

O vindeiro 24 de febreiro estamos novamente de celebración.
 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contempla, dentro do Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2016, a data do 24 de febreiro como DÍA DE ROSALÍA, co gallo da conmemoración do nacemento da poeta (1837-1885), como unha forma festiva de lembrar a importancia da lingua (o 21 de febreiro celebrábase a instancias da UNESCO o Día Internacional da Lingua Materna), e homenaxear a esta escritora fundamental das nosas Letras.
 
 
E desde o blog da biblioteca enlazamos cun video de Amancio Prada musicando un poema de Rosalía "Adiós ríos, adiós fontes".
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS