TRIVIAL MUSICAL - Concerto 22 de outubro

Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 22 de Outubro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 19 de Outubro (ata as 10:00 horas).
 
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: Unha resposta rápida ¿está o violonchelo incluído na plantilla da Orquestra Sinfónica?
 
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿A qué período musical pertence o compositor F. J. Haydn?
 
¡¡¡Moita sorte!!!

 
Outubro                                                                                                
Data: xoves 22 de outubro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol



Orquestra Sinfónica de Galicia
 
 
Josep Pons, director
Jan-Erik Gustafsson, violonchelo
 
F. J. Haydn (1732-1809). Concerto para violonchelo en Do M Hob. VII B1
 
Bizet/ Shedrin: Suite de Carmen
 
 
Máis información da programación en:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS