OUTRA RECOMENDACIÓN DE ABRIL: LUCAS VIDAL (1984)

 O seu estudo de gravación está en Los Ángeles, ten máis de 14 bandas sonoras para Hollywood e cine europeo e apenas 31 anos. É madrileño e a música sempre estivo na súa vida pois o seu avó foi un dos fundadores de Hispavox . Estudiou cunha beca en Berklee College of Music, licenciouse con Summa Cum Laude e foise a Nova York, onde fixo estudos de posgrado na Juilliard. 
  Lucas Vidal. Fonte:www.isaachernandez.com/
 Ten gravadas máis de 100 sesións con orquestra en Abbey Road Studios, AIR Studios, Praga, Los Ángeles, Kiev, España e outros. Ademais de música para cine tamén ten obras para ballet, colaborando co Boston Ballet. 
 Actualmente vive en Los Ángeles e divide o seu tempo entre a súa empresa "MUMO" (Music and Motion Productions) e "Chroma" en Venice (Los Ángeles) e Madrid.
 
Se queredes coñecer máis del propoñemos un enlace a IMDb onde atoparedes a súa filmografía actualizada e outro a unha entrevista que lle fixeron onde fala da súa vida e da figura de John Williams: Lucas Vidal e John Williams.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS