TRIVIAL MUSICAL: Concerto do 28 de Xaneiro

Concerto 28 de Xaneiro 2015



En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro mércores 28 de Xaneiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e no Blog da biblioteca do Conservatorio.


 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com

 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 26 de Xaneiro (ata as 20:00 horas).

 PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: Define “ligadura de unión”

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Define “Enharmonía” e pon un exemplo

¡¡Moita sorte!!
 
 
 Enero                                                                                           
Data: Mércores 28 de Xaneiro ás 20:30
Sala: Teatro Jofre

 
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Paul Daniel, director
Guillermo Pastrana, violonchelo
 
Programa:
R. Schumann (1810-56). Concerto para violonchello
F.J. Haydn (1732-1809). Sinfonía nº 98


Maís información da programación en www.filarmonicaferrolana.es
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS