TRIVIAL MUSICAL - Concerto do 11 de febreiro



En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro mércores 11 de Febreiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 9 de Febreiro (ata as 20:00 horas)

 PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: Define escala musical
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Se gañas unha entrada para o concerto escoitarás "Zarzuela"¿qué é a"Zarzuela" (brevemente)

¡¡Moita sorte!!

                                                                  
        
                                   Febreiro                                

                                                                           
 Data: Mércores 11 de Febreiro ás 20:30
Sala: Teatro Jofre

Concerto nº 487


Belén Elvira, mezzosoprano

Beatriz Díaz, soprano

J. A. Álvarez Parejo, piano

GALA LÍRICA
ARIAS DE ÓPERA Y ZARZUELA

 Maís información da programación en http://www.filarmonicaferrolana.es/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS