OUTRA RECOMENDACIÓN DE DECEMBRO: MOZART E "A FRAUTA MÁXICA"

Mozart escribiu "A Frauta Máxica" (Die Zauberflöte) o mesmo ano do seu morte (1791) no medio dunha situación persoal difícil (problemas económicos e de saúde, preocupacións familiares) e a unha gran velocidade: estrenouse o 30 de setembro do 1791 en Viena  dirixida polo propio Mozart.
Desde hai uns sete anos antes, Mozart xa formaba parte do movemento francmasónico que estendeuse rápidamente ó longo do século XVIII por Europa ó calor da Ilustración e de feito  moitos interpretan este conto de fadas coma unha complexa obra esotérica e iniciática. De calquera xeito, esta mestura de fantasía e símbolos masones amosa unha nova concepción da ópera de Mozart quen parecía quer mesturar nela todas as ideas musicais do XVIII.
O argumento é o seguinte: o príncipe Tamino perseguido por unha serpe entra nas terras da raíña da Noite, quen aparece ensinándolle un retrato da súa filla Pamina secuestrada polo perverso Sarastro. Tamino namórase ó ver a imaxe da rapaza, entón a Raíña promete darlle a man da súa filla se a rescata. Xunto a Papageno, home-paxaro, entra esta vez no territorio de Sarastro, mais pronto dase conta de que o mal o encarna realmente a raíña e non Sarastro. Para quedarse lonxe da raíña co seu amada terá que superar unha serie de probas; unha vez superadas os amantes reúnense e o bien triunfa sobre o mal.
 
Nesta ocasión escollimos o "dueto de  Papageno e Papagena" con subtítulos en castelán: Papageno está desesperado porque perdeu ó seu amada e teme quedarse só. Nese intre, a piques de quitarse a vida, aparecen os tres xenios e lle aconsellan empregar o carrillón. Papageno faino e aparece Papagena. Ámbolos dous decláranse o seu amor:
 
  Anton Scharinger como Papageno e Julia Neumann como Papagena. Director Franz Welser-Möst
 
E para rematar mirade qué divertido o montaxe que fixeron en Viena especialmente para os nenos. Se queredes ver outro dueto de Papageno o Papagena atoparédelo no minuto 54:24 aproximadamente.
 
 Desde a Opera Vienna State con Hans Peter Kammerer como Papageno, Ileana Tonca como Papagena e a Wiener Philharmoniker dirixida por Seiji Ozawa.  
 
¡Esperamos que vos guste!
 
 
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS