MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 
Mes da Ciencia nas bibliotecas escolares
‘Biblioteca escolar... matemático!!!’ é o lema co que este ano as bibliotecas escolares animan os alumnos e alumnas a ampliar o seu coñecemento sobre ciencias, concretamente a saber máis das matemáticas.
 Con este obxectivo, as bibliotecas escolares convértense no mes de novembro nun fervedoiro de iniciativas variadas e orixinais, entre as que se inclúen exposicións bibliográficas, guías de lectura sobre obras relacionadas coas ciencias, selección de recursos electrónicos, obradoiros de experimentos científicos, concursos de fotografía matemática, sesións de xogos e mais de lectura e cálculo, que se poden consultar en www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/. 
 
 Ademais, para este comezo do curso, a Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería puxo ao dispor dos centros educativos unhas maletas viaxeiras científicas sobre matemáticas, ás que se sumarán outras sobre ciencias naturais, bioloxía e xeoloxía, así como de física e química.
 
 Finalmente, os pasados días 7 e 8 de novembro celebráronse en Santiago de Compostela as V Xornadas de bibliotecas escolares ás cales asistiu a Biblioteca "José Fontenla Leal" e nas que se presentaron, entre outras, diversas experiencias arredor das matemáticas. Aquí podedes descargar o programa:  PROGRAMA

 Nos vindeiros días colgaranse os videos das conferencias e outros materiais de interese en redeBE: ttp://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=21. Se tedes ocasión non vos perdades a Conferencia inicial de Ricardo Gómez "A mazá (envelenada) de Brancaneves".

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS