TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO 28 DE ABRIL DE 2014



Hola a tod@s!
TRIVIAL MUSICAL

En estreita colaboración e grazas a Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio oferta dez entradas para asistir ao vindeiro concerto do Luns 28 de Abril e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta que poderás ver máis abaixo neste blog.

Como hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos para facervos saber que sodes os/as agraciados/as, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos. A data límite para recibir os vosos mails, é do vindeiro  Luns 28 de Abril (ata as 12:00 horas).

Recordamos que o vindeiro concerto da Sociedade Filarmónica celebraranse o vindeiro Luns 28 de Abril de 2014 no Teatro Jofre ca seguinte programación:
SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA
CONCERTO
Recital de piano del ganador del concurso Cidade de Ferrol
Intérprete: Khowoon Kim

PRIMERA PARTE.

J. S. BACH (1685-1750): Partita nº 3 en Mi mayor para Violín
(Transcripción de Rachmaninoff)

F. MARTIN (1890-1974): Fantasía sobre ritmos flamencos

E. GRANADOS (1867-1916): El Fandango del Candil (de "Goyescas")

SEGUNDA PARTE.-

L. van BEETHOVEN (1770-1827): Sonata nº 29 en Si bemol mayor, Op. 106.. "Hammerklavier"
A data límite para recibir as respostas, será o vindeiro Luns 28 de Abril (ata as 12:00 horas). 

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL
¿Cál destes instrumentos é de vento?
1.      O Violoncello
2.      O Oboe
3.      O Triángulo

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL
Os signos de prolongación son
1.       Eco, obstinato e polirritmo
2.       Sostenido, bemol e becuadro
3.       Ligadura, calderón e puntillo

Podedes consultar o Calendario de Concertos da Sociedade Filarmónica Ferrolana na súa páxina web: www.filarmonicaferrolana.es/
SORTE!!!!!!!!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS