TRIVIAL MUSICAL - CONCERTOS DO 28 DE MARZO E 3 DE ABRIL DE 2014

Hola a tod@s!
TRIVIAL MUSICAL

En estreita colaboración e grazas a Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir aos vindeiros concertos do vindeiro Vernes 28 de Marzo e outras dez para o concerto do Xoves 3 de Abril e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta que poderás ver máis abaixo neste blog.

Como hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos para facervos saber que sodes os/as agraciados/as, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos), ademáis da vosa elección do Concerto ao que queredes asistir de XEITO PRIORITARIO (MOI IMPORTANTE), no caso de que queirades ir aos dous OU elixide un dos dous; unha vez vistas as vosas peticións e por orden de chegada das vosas respostas, realizaremos o reparto dunha entrada por contestación e, sempre que sobren entradas, asignaremos unha segunda entrada para aqueles que desexen asistir aos dous concertos. A data límite para recibir os vosos mails, é do vindeiro Xoves 27 de Marzo (ata as 20:00 horas).

Recordamos que os vindeiros concertos da Sociedade Filarmónica celebraranse o vindeiro Vernes 28 de Marzo de 2014 e o Xoves 3 de Abril no Teatro Jofre cas seguintes programacións:


Data: Vernes 28 de Marzo, a las 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
REAL FILHARMONIA DE GALICIA
Piero Lombardi, director
PROGRAMA:

Mendelssohn (1809-47): Obertura de Las Hébridas
Haydn (1732-1809). Sinfonía n° 44 en mi menor

Pausa

Mozart (1756-91): Sinfonía n° 36 en Do Mayor


 
Data: Xoves 3 de Abril, a las 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
ORQUESTA SINFONICA DE GALICIA
Dima Slobodeniouk, director
Julian Steckel, violonchelo


Programa:

B. Bartok (1881-1945) Divertimento para cuerda
H. Dutilleux (1816-2013) Concierto para violonchelo "Tout un monde lointain"

Pausa

R. Schumann (1810-56). Sinfonía n.3



A data límite para recibir as respostas, será o vindeiro Xoves 27 de Marzo (ata as 20:00 horas). 

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL
¿Cáles son os instrumentos corporais?
1.      Os producidos polo propio corpo
2.      Os que se tocan cas mans
3.      Cando silbamos e tocamos as palmas

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL
¿Qué concepto dos seguintes fai referencia a un canto a capella?
1.      Ópera
2.      Lied
3.      Gregoriano


Podedes consultar o Calendario de Concertos da Sociedade Filarmónica Ferrolana na súa páxina web: www.filarmonicaferrolana.es/
SORTE!!!!!!!!!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS