TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO DO 16 DE ABRIL DE 2013


Hola a tod@s!
TRIVIAL MUSICAL


En estreita colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), a Biblioteca do Conservatorio e a  Sociedade Filarmónica Ferrolana,  ofertará dez entradas para asistir ao vindeiro concerto do día 16 de Abril e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes deste blog, que a continuación poderedes ver.
Como hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos a devandita entrada, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos). 
Recordamos que o vindeiro concerto da Sociedade Filarmónica é o vindeiro Martes 16 de Abril as 20:30 no Teatro Jofre ca seguinte programación:

 Ciclo de Cámara y Lied
El Salón Filarmónico  
Programa:

CLAUDE DEBUSSY. Pelleas et Mélisande
JESÚS TORRES. Poética para clarinete, violín, violonchelo y piano

Pausa

OLIVIER MESSIAEN. Cuarteto para el fin de los tiempos

Fecha: martes 16 de abril, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre

A data límite para recibir as respostas, será o vindeiro Martes 16 de Abril (ata as 12:00 h. da mañá).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL

 Ás tres grandes familias de instrumentos son:
a. Cuerda, viento e percusión 
b. Corda grosa, corda fina e sen cordas
c. Madeira, metal e cartón

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL
Cual de estos autores nació en 1756
a. Ludwig van Beethoven
b. Wolfgang Amadeus Mozart
c. Joseph Haydn

Podedes consultar o Calendario de Concertos da Sociedade Filarmónica Ferrolana na súa páxina web: www.filarmonicaferrolana.es/
SORTE!!!!!!!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS