TRIVIAL BIBLIO-MUSICAL - Entradas para o Concerto da Sociedade Filarmónica

Hola a tod@s!


 

Este ano temos novidades: en estreita colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), a Biblioteca do Conservatorio e a  Sociedade Filarmónica Ferrolana,  se ofertarán dez entradas para asistir a aqueles concertos da antedita Sociedade e teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes neste blog.

Tendo en conta que hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñeremosnos en contacto con vos para entregarvos a devandita entrada. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos).

O vindeiro concerto da Sociedade Filarmónica é o vindeiro xoves 18 de Outubro as 20:30 no Teatro Jofre ca seguinte programación:

ORQUESTA DE CÁMARA GALEGA
Dir.: Rogelio Groba
CORO VOX STELLAE  dir.: Luis Martìnez Sánchez
Programa:

I PARTE
Suite Capriol - Peter Warlock (1894-1930)
Adagio - Edward Elgar (1857-1934)
Simple Symphony - Benjamin Britten (1913-1976)

II PARTE
Deus in adjutorium - Girolamo Ferrari da Mondondone (1599-1664)
Gloria Rv 589 - Antonio Vivaldi (1678-1741)

A data límite para recibir as respostas, será o día 16 de Outubro (este incluído).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL

Las cualidades del sonido son: altura, intensidad, duración y... 
1. Timbre
2. Tono
3. Eco

PREGUNTA GRAO PROFESIONAL

¿A qué forma musical pertenece el Mesías de Haendel?
1. Opera
2. Requiem
3. Oratorio

Podedes consultar o Calendario de Concertos da Sociedade Filarmónica Ferrolana na súa páxina web: www.filarmonicaferrolana.es/

SORTE

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS