RECOMENDACIÓN DO MES: "El camino hacia la nueva Música" - A. Webern

Hola a tod@s:

Un mes máis presentamos, nesta sección de tan boa acollida entre os lectores da nosa Biblioteca, un libro de recente adquisición e que coidamos pode ser do voso interés.

"El camino hacia la Nueva Música" - A. Webern

  Entre 1932 e 1933 A. Webern presentou en Viena dous ciclos de conferencias que representaban unha síntese do seu pensamento. Willi Reich recolleunas e as publicou íntegramente dando xeito a este libro onde o gran compositor vienés, cun estilo apasionado e directo, propon unha personalísima lectura da historia da música, marcada polas ideas que levaron o seu propio mestro, Arnold Schönberg, ata a superación da tonalidade. As constantes referencias á herencia filosófica do idealismo alemán e a tradición musical clásicorromántica converten o libro nunha lectura doblemente estimulante hoxe en día, tralo paso das vanguardias que a partires do 1950 tomaron a Webern como un referente ineludibel.


Esperamos que vos guste

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Artigo sobre Xan Viaño

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS