TRIVIAL BIBLIO-MUSICAL

¡Hola a tod@s!

Dentro da semana das Bibliotecas, queremos inagurar unha nova actividade: o TRIVIAL BIBLIO-MUSICAL. Desexamos motivar @s diferentes alumn@s do Centro a acudir e utilizar a nosa Biblioteca, ademáis de darlle a utilización habitual, queremos que a vexades tamén como un lugar de busqueda de recursos e información, coñecemento, enriquecemento cultural...

Para iso, en cada mes, propoñeremosvos esta actividade na que poderán participar @s alumn@s que sexades soci@s da Biblioteca (é dicir, con número e carnet da mesma) e teredes que contestar de xeito correcto a pregunta que vos fagamos e que terá que ver con temas que se ensinan no noso Conservatorio; para tod@s @s que acerten a pregunta haberá un agasallo.

Esta mes a pregunta é a seguinte:

¿Qué músico empeñado en emular a Paganini, truncou a súa carreira como pianista ao atar o dedo medio da súa man dereita para asegurar a independencia dos dedos ao tocar e o único que acadou foi unha parálisis na súa man que cerceñiu os seus sonos de concertista para sempre?

Todas as respostas, deberédelas enviar o mail da nosa Biblioteca: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
No mail de resposta, deberá incluir o voso nome completo, número de teléfono e número de carnet da Biblioteca (no caso dos menores de idade, poderán enviar a resposta os seus titores/pais/nais correspondentes cos datos d@ seu fill@ antes mencionados)

O LIMITE PARA O ENVÍO DAS RESPOSTAS SERÁ O VINDEIRO 10 DE NOVEMBRO


BOA SORTE

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS